Músicas inéditas en casas literarias é un proxecto de investigación, interpretación e divulgación do patrimonio musical galego para guitarra, inédito ou pouco coñecido. Unha produción de Poliédrica® e Samuel Diz, ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021-2022 nas casas-museo de Rosalía de Castro (Padrón), Vicente Risco (Allariz), Emilia Pardo Bazán (A Coruña) e Manuel María (Outeiro de Rei).
Shalom Aleichem, de Gloria Rodríguez Gil (Vigo, 1972)
Karma, de Gloria Rodríguez Gil (Vigo, 1972)
Marcha Russa, de Juan Antonio Ribas (Ferrol, 1799-1869)
La Soledad, de Avelina Valladares (A Estrada, 1825-1902)
Negra Sombra, a partir do arranxo histórico manuscrito de José Chas (San Pedro de Nós, Oleiros, 1908-1947)
Flores de España (pasodobre), de Ramón Gutiérrez Parada (Ourense, 1874-1945)
Preludio núm.5, de Ramón Gutiérrez Parada
Flores de Aragón (xota), de Ramón Gutiérrez Parada
Investigación e interpretación: Samuel Diz
Revisión Lingüística: Yolanda Castaño
Vídeo: Beatriz Fontán
Son: Isaac Palacín
#aCulturaSegue